SUBDIRECCIÓN DE HABITABILIDADE E CALIDADE DA EDIFICACIÓN

Normas do hábitat galego

As normas do hábitat galego tratan de establecer un novo modelo de hábitat, onde a vivenda se deseñe e proxecte de tal xeito que a satisfacción e expectativas dos usuarios sexa a súa prioridade. As consultas sobre o hábitat poden dirixirse ao correo habitat.vivenda@xunta.es

Nesta nova norma do hábitat galego preténdese facer énfase no recoñecemento de que a habitabilidade das vivendas depende do seu entorno inmediato e do planeamento urbanístico

A Norma Hábitat Vivenda nace como consecuencia do desexo da sociedade galega de mellorar o deseño, calidade e funcionalidade das vivendas  e, por esta motivación, procédese á modificación da vixente normativa de habitabilidade e proponse unha nova regulación para o desenvolvemento do hábitat galego. Asemade, durante estes últimos anos véñense producindo importantes cambios na regulación básica da edificación que afectan significativamente á configuración física dos espazos da vivenda.

Por outra banda, tendo en conta que a viabilidade e aceptación deste Decreto, dependerá en gran medida da súa adaptabilidade á realidade urbanística vixente, é polo que se estrutura de tal xeito que a totalidade da súa normativa só é de aplicación no novo planeamento, sendo parcial nos planeamentos aprobados ou en execución, así como nas actuacións directas no solo urbano.

O Decreto 311/92 que revisaba ó anterior 240/89, tiña un formulación sobre a habitabilidade excesivamente clásico e limitado a aspectos básicos da edificación de vivendas, aspectos que non deben ser esquecidos na nova normativa, pero deberanse axustar á importancia real que teñen.

O longo tempo transcorrido dende a súa aprobación e a ampla experiencia que os profesionais e as administracións teñen da súa aplicación, dan pé a plantexar a elaboración dunha normativa do hábitat galego que harmonice có Código Técnico da Edificación así como outras normativas técnicas sectoriais, cuxo contido ten unha ampla influenza na determinación dos espazos dos edificios como pode ser o Decreto de Accesibilidade.

Sendo unha competencia municipal a verificación das condicións de habitabilidade; regúlase nesta normativa o procedemento que permitirá o Instituto Galego de Vivenda e Solo inspeccionar a calidade das vivendas en defensa dos usuarios das mesmas. Ademais de establecerse un procedemento amplamente demandado polos concellos, profesionais e os usuarios das vivendas que permita unificar criterios no conxunto de Comunidade Autónoma, así como resolver as dúbidas que a interpretación da nova normativa xenere.

Unha dobre evolución produciuse durante a vixencia do derrogado Decreto de Habitabilidade. Por unha parte, unha evolución da sociedade, que está a producir unha modificación do estereotipo de familia, cunhas necesidades de habitabilidade diferentes. Doutra parte, experimentouse unha grande evolución técnica, tanto en materiais como nos procesos de construción, que tamén se teñen en conta nesta norma. Quérense ter en conta tamén novos conceptos aplicados á construción, tales como a sostenibilidade, a reciclaxe, o aforro de enerxía ou o asolamento, ligados á preocupación polo coidado do medio ambiente e da natureza e á explotación dos recursos que dela se obteñen.

Nesta nova norma do hábitat galego preténdese facer énfase no recoñecemento de que a habitabilidade das vivendas depende do seu entorno inmediato e do planeamento urbanístico. É preciso acadar, por tanto, un marco no que o planeamento nunca se converta nun obstáculo
para a calidade espacial e medioambiental da vivenda, e a súa funcionalidade. Por todo isto, a habitabilidade deberá ter a importancia que lle corresponde nos documentos urbanísticos.

Se algunhas medidas mencionadas teñen un carácter innovador, outras deberían acadar o axeitado nivel modernizador, como por exemplo coa nova definición dos espazos exteriores de calidade, que deberán configurarse como tal no planeamento urbanístico, e qué características urbanísticas e ambientais deben acadar, independentemente da súa titularidade.

Os novos niveis de demanda da sociedade dunha vivenda digna e axeitada, en modo algún deben vir condicionados polo modelo de habitabilidade do parque residencial existente, polo que na nova normativa a calidade das vivendas, ven referenciada na vivenda exterior, así como na súa aptitude para incorporar no seu ámbito, outros usos, que nun futuro próximo a sociedade demande. Ademais de recollerse a necesidade amplamente sentida polos axentes da edificación en xeral, de promover os procedementos necesarios para impulsar a innovación tipolóxica e construtiva.

Abórdase nesta nova normativa tamén a redefinición dos estándares superficiais das diferentes pezas da vivenda dende unha triple vertente. Primeiro, dende criterios de accesibilidade, aumentando en moitos casos as superficies para que estas poidan ser nun futuro adaptables ás
necesidades dos discapacitados. Segundo, recuperando antigas tipoloxías típicas galegas, como por exemplo a cociña - comedor. E por último, superando criterios desfasados, totalmente fóra do tempo e do lugar actual.

Existe tamén a necesidade de regulación da aptitude de uso dos espazos complementarios das vivendas, como son os garaxes e rochos, e mesmo no caso de edificacións colectivas, os espazos comúns para o desenvolvemento de actividades comunitarias. Trátase, ademais, de entende-la vivenda e o seu entorno inmediato, non só no momento da súa construción, senón tamén ó longo da súa vida útil, de tal xeito que a súa calidade ambiental e durabilidade se incorporen nesta regulación normativa, e fomente un mantemento racional da vivenda.

Así mesmo, e co obxecto de mellorar a eficacia e efectividade dos procesos de rehabilitación en ámbitos de protección tanto urbanos como rurais, contémplase a posibilidade de que polos Concellos se elaboren Plans Especiais de Protección e Habitabilidade, de tal xeito, que a regulación da excepcionalidade nestes ámbitos se resolva durante a tramitación do mesmo. A excepcionalidade deberase aplicar só a casos específicos, como son as edificacións existentes que queiran mellorar o seu nivel de funcionalidade, que na maioría dos casos se refiren á accesibilidade, e só nunha porcentaxe moi limitada a actuacións condicionadas polas características das parcelas.

Tratarase, en definitiva, de establecer un novo modelo de hábitat, onde a vivenda se deseñe e proxecte de tal xeito que a satisfacción e expectativas dos usuarios sexa a súa prioridade. Por todo iso, tendo en conta que segundo o establecido no artigo 27.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda e que polo Real Decreto 1926/1985, do 11 de setembro, se traspasaron á Comunidade Autónoma as funcións e servizos do Estado en materia de patrimonio arquitectónico, control de calidade da edificación e vivenda, é polo que, por proposta do Instituto Galego de Vivenda e Solo e logo de
deliberación do Consello da xunta de Galicia na súa reunión do día.

Consultas máis frecuentes