Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » O IGVS » Benvida

Saúdo do Conselleiro

Galicia foi, tradicionalmente, un territorio de difícil acceso, a antiga Fisterra do mundo coñecido e, malia iso, dou mostras sempre dunha sorprendente capacidade para a comunicación, mantendo fortes conexións co contorno europeo, reflectidas na súa historia, no patrimonio cultural ou nas múltiples pegadas que nos aproximan a outros pobos distantes.

No seu camiñar a través do tempo, os nosos devanceiros foron modelando un territorio de extraordinaria beleza, a Terra Nai dos precursores, fonte de inspiración e referencia permanente, coa que todos nos sentimos orgullosos e identificados.

Foi, con todo, nos últimos anos, co desenvolvemento das capacidades dun autogoberno que emana da Constitución e do Estatuto de Autonomía, cando a nosa terra máis avanzou na mellora das súas comunicacións físicas e impulsou as súas potencialidades en todas as ordes, aproximándonos aínda máis aos outros pobos e comunidades de España e de Europa.

No século XXI os retos de Galicia pasan, inevitablemente, por acadar o equilibrio xusto entre o fomento do progreso e a preservación do noso patrimonio natural, pero tamén, pola asunción das novas tecnoloxías da información como as ferramentas que transmitan o noso traballo diario.

Esta páxina web pretende funcionar como unha liña de comunicación directa e constante cos galegos e galegas onde queira que residan, para mantelos informados, sen intermediarios e en tempo real, de todos os pasos que damos para facer deste un país máis cohesionado, máis equilibrado e máis habitable.

Como responsable da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do Goberno galego, son consciente da transcendencia da tarefa que lles debo aos galegos e galegas de onte, de hoxe e de mañá. Para iso, comprométome a traballar sen folgos e a garantir que sexan os intereses xerais da Comunidade Autónoma os que guíen todas e cada unha das actuacións deste departamento.

A nosa páxina web axudará aos cidadáns a comprobar como poñemos todo o noso empeño en cumprir fielmente o contrato que con eles subscribimos e en seguir avanzando, de forma respectuoso cun legado secular, na defensa do medio natural, na protección do territorio e na mellora das comunicacións de Galicia.

  

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

A transparencia é un dos obxectivos de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de conformidade coa Lei 4/2006 de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega. Nesta sección atoparás as disposicións en trámite, os convenios e contratos, os concursos e pregos de contratación, as resolucións e adxudicacións ou a retribucións dos seus altos cargos.