Correspóndelle
ao/á secretario/a xeral, baixo a dependencia do/a director/a xeral do
instituto
- Desempeñar a secretaría do Consello do Instituto.
- A dirección inmediata do persoal do instituto e das actividades do réxime interior
- A coordinación de todos os servizos do instituto, velando
polo seu correcto funcionamento e control.
- A realización dos estudos necesarios para elaborar os plans xerais e os programas en materia de vivenda.
- Propoñer as accións relativas ao réxime interno dos servizos, a súa inspección e canto afecte ao seu funcionamento interno.
- A coordinación da contratación do instituto.
- A dirección dos asuntos relativos ao apoio xurídico e informatización do IGVS.
- Todas as funcións que lle delegue expresamente o/a director/a xeral do instituto.