O REXISTRO ÚNICO DE DEMANDANTES DE VIVENDA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

¿Que é o Rexistro de Demandantes?

O Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia créase polo Decreto 1/2010, de 8 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro).

Será público e único e de aplicación en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

O Rexistro de Demandantes de vivenda pretende ser un procedemento áxil e transparente para a adxudicación das vivendas, respectando a capacidade de elección dos solicitantes e garantindo a igualdade de posibilidades no acceso ás vivendas dos demandantes inscritos.

O Rexistro de Demandantes de vivenda pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de vivenda.

CONSULTA DO REXISTRO

O eServizo de consulta do Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida vaiche permitir acceder á información do teu expediente. Para empregalo só necesitas inserir o teu NIF e coñecer o número de expediente.

PLAN DE VIVENDA 2009-2012

O Plan de Vivenda 2009-2012 está centrado na cidadanía e, sobre todo, naqueles colectivos que teñen máis dificultades de acceso á vivenda a través de axudas que facilitan o aluguer, a promoción de vivenda protexida ou a rehabilitación.