| |
Funcionamento xeral do Programa
Este novo Programa Aluga dirixido ao alugueiro de vivendas, busca a harmonización co resto de programas de vivenda e configurase como unha medida de marcado carácter social, cunha dobre finalidade:
- Favorecer o mercado de aluguer de vivendas en Galicia, promovendo a incorporación ao mesmo de
vivendas desocupadas de titularidade privada.
- Facilitar o acceso a unha vivenda aos sectores de poboación con niveis de ingresos comprendidos
entre 0,7 e 3,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), así como a
determinados colectivos con ingresos inferiores a 0,7 veces o IPREM, en particular, ás mulleres
vítimas de violencia de xénero.
|
|
|
AXUDÁMOSCHE A ALUGAR
O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus
obxectivos prioritarios. Por isto establece unha serie de medidas que axudan, tanto ao propietario
coma ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades respectivas.
PLAN DE VIVENDA 2009-2012
O
Plan de Vivenda 2009-2012 está centrado na cidadanía e, sobre todo, naqueles
colectivos que teñen máis dificultades de acceso á vivenda a través de
axudas que facilitan o
aluguer, a
promoción de vivenda protexida ou a
rehabilitación.
|