Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rehabilitación » Presentación

AXUDÁMOSCHE A FACER UNHA REHABILITACIÓN

Presentación das iniciativas

O IGVS quere axudar á posta en marcha de actuacións de rehabilitación que permitan a conservación do patrimonio construído. Por isto non só ofrece axudas directas a promotores de rehabilitación senón que pon en marcha ferramentas coma o catálogo de prezos ou o directorio de axentes colaboradores.

O IGVS ten en marcha unha serie de iniciativas que queren favorecer a rehabilitación do patrimonio construído e a mellora da calidade das condicións de vida da cidadanía baixo criterios ambientais de sustentabilidade, aforro enerxético e respecto da calidade e do patrimonio arquitectónico e territorial.

Nesta sección atoparás os incentivos, axudas e procedementos para axudarche á facer unha rehabilitación e renovación de calidade das vivendas e edificios, tanto ailladas e do rural coma nos cascos históricos e nas vilas e cidades. Tamén presentamos dúas ferramentas de utilidade para a realización dunha rehabilitación:

  • O catálogo de prezos de rehabilitación, composto por unha base de datos cos prezos de referencias dos distintos servizos e materiais implicados nunha obra de rehabilitación: electricidade, fontanaría, carpintaría, demolicións, albanelaría, pavimentos, escaleiras...
     
  • O directorio de axentes colaboradores en rehabilitación, que é unha relación pública de empresas, operarios, promotores de inscrición voluntaria. Deste xeito pode resultar máis doado localizar empresas subministradoras de material, oficios, contratistas ou técnicos.

PLAN DE VIVENDA 2009-2012

O Plan de Vivenda 2009-2012 está centrado na cidadanía e, sobre todo, naqueles colectivos que teñen máis dificultades de acceso á vivenda a través de axudas que facilitan o aluguer, a promoción de vivenda protexida ou a rehabilitación.